Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Malpica impulsa as tarefas para a execución da mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista


A administración malpicá executará estes traballos por valor de 39.735,92 euros.

O Concello de Malpica impulsa a mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista, executando así unha serie de traballos cun valor aproximado de 39.735,92 euros.
Estes consistirán na aplicación dunha capa de rodadura e instalación de sinalización horizontal, que servirá para mellorar a seguridade viaria de peóns e condutores.
Observáronse numerosos baches, así como o cuarteamento na pavimentación. Estas anomalías deben ser subsanadas para o correcto mantemento da mesma.
Nas tarefas previas, limparanse as cunetas nos espazos de tránsito, realizarase o bacheo pertinente e incrementaranse a profundidade das arquetas, tapas, sumidoiros e outros elementos das redes no pavimento. O prazo de execución das mesmas serán de dous meses desde o comezo das mesmas.
O alcalde, Walter Pardo, sinala que ‘executamos gradualmente proxectos que non puidemos arrincar debido ao estado de alarma, pero que son moi necesarios. Nas vindeiras semanas tamén executaremos varias limpezas e desbroce moi importantes para moitos núcleos rurais’, anunciou o rexedor.